top of page
Capa FB.jpg

Queremos unirnos á campaña do Cooperativismo de Portas Abertas.

O cooperativismo volve a estar de portas abertas o próximo venres 5 de xullo

 

Unha vez máis, convidámosvos a todas as cooperativas galegas a que, durante a xornada anterior ao Día Internacional do Cooperativismo, vos sumedes a esta campaña que busca dar visibilidade ao voso traballo e a este modelo de economía social.

Trátase dun xesto simbólico que quere reforzar e dar a coñecer o forte tecido do que está formado o cooperativismo galego. Cantas máis sexamos, máis visibilidade conseguiremos nos medios! Por iso é tan importante a vosa adhesión, para que a listaxe sexa ben longa e poidamos dar así unha mostra real do volume de cooperativas que hai en Galicia.

Dende a Secretaría Xeral de Emprego comprometémonos a darlle difusión a esta xornada a través de diversas canles para conseguir poñer en valor o labor que desenvolve o sector cooperativo dentro da economía galega.  


Como participar?
É moi sinxelo. Simplemente debedes completar o formulario que aparece nesta páxina indicándonos o nome da vosa cooperativa. Unha vez recibida a vosa mensaxe, pasaredes a formar parte da rede de cooperativas que se suman a esta campaña de promoción do cooperativismo. Despois, só tedes que acoller a quen queira coñecer o voso traballo o día 5 de xullo. Ademais, nesa mesma mensaxe enviarémosvos unhas imaxes para que poidades comunicar a través das vosas redes sociais que o día 5 de xullo o cooperativismo, e vós, estades de portas abertas. 

Dúbidas
Se precisades máis información podedes facer as vosas preguntas a través do correo electrónico diadocooperativismo@xunta.gal.

LISTADO DE COOPERATIVAS PARTICIPANTES:

 

7H Cooperativa Cultural

Adelante Grupo Inmobiliario, S. Coop. Galega

Acorda Soluciona, S. Coop. Galega

Algalia, S.Coop. Galega

Almazen de Yoga, S. Coop. Galega 

Amarelante S. Coop. Galega 

Amphilocos, S. Coop. Galega

apoio, s. coop. galega

Asociación Galega de Apicultura AGA

Aventeira Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil 

Bico de Grao, S.Coop.Galega 

Cal3 Fotografia, S,coop. Galega

Centro EuroIberoamericano para el Desarrollo Social Intercedes, S. Coop. Galega

CEM, S. Coop. Galega

Cestola na Cachola, S. Coop. Galega

Charlatana, S. Coop. Galega

Cidadanía, s.coop. Galega

Como Cabras, S. Coop. Galega

Conservatorio Histórico de Santiago, S. Coop. Galega

Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña 

Cooperativa Galega Mendiño 

CSIdiomas, S. Coop. Galega

Cubitos de Hielo Sta. Tecla, S. Coop. Galega

Culturactiva, S. Coop. Galega

Dálle que dálle, S. Coop. Galega

Erica Mel, S. Coop. Galega

EspazoCoop – A Coruña

EspazoCoop – Santiago

EspazoCoop – Vigo

Fermento, S. Coop. Galega

Gaia dos nenos, S. Coop. Galega

Ítaca Software Libre, S. Coop. Galega

Legumia, S. Coop. Galega

Limia Xestión, S. Coop. Galegga

Maos Innovación Social, S. Coop. Galega

MedAtlantia, S. Coop. Galega

Melandrainas, S. Coop. Galega

Merenda Creativa, S. Coop. Galega Xuvenil

Milhulloa, S. Coop. Galega

Miraxe, S. Coop. Galega

Mulleres Colleiteiras, S. Coop. Galega

Numax, S. Coop. Galega

OteuCarón, S. Coop. Galega

Os Parentes, S. Coop. Galega  

Pannosco, S. Coop. Galega

Panxea, S.Coop. Galega

Pegadas, S.Coop. Galega

Pingota comunicación, S. Coop. Galega

Plano Pementa, S. Coop. Galega

Psialia, S. Coop. Galega

Rayados, S, Coop. Galega

Residencial Prado Novo, S. Coop. Galega 

Rexenerando, S. Coop Galega 

Seragro, S. Coop. Galega

Sons da Costa, S.Coop. Galega

Strelia Electrotecnia, S. Coop. Galega 

Teixugo, S. Coop. Galega

Terras da Mariña, S. Coop. Galega 

Tres Fuciños, S. Coop. Galega

Triquels, S. Coop. Galega 

URDIME, S.Coop. Galega

Xedega, S. Coop. Galega

Xeitura: Xestión Integral do Patrimonio, S. Coop. Galega

bottom of page