


LETRA
A vida fainos preguntas
para responder aos tempos.
O mundo fainos preguntas
necesitando alentos.
Pensamos o que sentimos,
sentimos o que pensamos.
Respiramos o aire puro
do corazón na beleza.
E as respostas son futuro
dentro da nosa cabeza.
Cooperar polo ben
dun mundo sempre alén.
Cooperar polo ben
dun mundo sempre alén.
Cooperar polo ben
(Entropía, entropía)
dun mundo sempre alén
(Utopía, utopía).
Cooperar polo ben
dun mundo sempre alén.
A vida fainos preguntas
para responder aos tempos.
O mundo fainos preguntas
necesitando alentos.
Pensamos o que sentimos,
sentimos o que pensamos.
Respiramos o aire puro
do corazón na beleza.
E as respostas son futuro
dentro da nosa cabeza.
Cooperar polo ben
dun mundo sempre alén.
Cooperar polo ben
dun mundo sempre alén.
Cooperar polo ben
(Entropía, entropía)
dun mundo sempre alén
(Utopía, utopía).
Cooperar polo ben
dun mundo sempre alén.
Seguiremos preguntando
como ser, como educar.
Viviremos cuestionando
que manter e que cambiar.
Un pé no chan, outro no sol,
en constante evolución:
somos solidariedade,
somos sempre liberdade.
Cooperar polo ben
dun mundo sempre alén.
Cooperar polo ben
dun mundo sempre alén.
Cooperar polo ben
(Entropía, entropía)
dun mundo sempre alén
(Utopía, utopía).
Cooperar polo ben
dun mundo sempre alén.
O cooperativismo galego conta desde agora cun himno propio, unha obra creada para acompañar os actos e celebracións dun movemento que leva décadas contribuíndo ao desenvolvemento económico e social de Galicia.
O Himno do Cooperativismo Galego presentouse oficialmente no Día do Cooperativismo Galego 2026, organizado pola Xunta de Galicia e o Consello Galego de Cooperativas. A iniciativa de crealo naceu coincidindo coa celebración do Ano Internacional das Cooperativas 2025, coa vontade de dotar ao cooperativismo galego dun símbolo compartido que reforzase a súa identidade e visibilizase os valores que inspiran este modelo empresarial.
O proxecto consistiu na adaptación ao galego da obra orixinal, grazas á colaboración da Secretaría Xeral da Lingua e á cesión dos dereitos por parte do Consello Superior de Cooperativas de Euskadi.
A versión galega conta coa letra de Claudio Rodríguez Fer e Cristina Fiaño e coa transcición musical para banda e coro realizada por Benxamín Otero. O videoclip reúne á Banda Sinfónica Galega e ao Coro Gaos, xunto coa participación de cooperativas galegas de distintos sectores, que lle poñen rostro a unha obra nacida, precisamente, da cooperación.
Con este himno, o cooperativismo galego incorpora un novo elemento de identidade pensado para acompañar os seus principais actos institucionais e para seguir fortalecendo o sentimento de pertenza a un movemento que ten nas persoas, na cooperación e no compromiso co territorio a súa principal razón de ser.