Ven ao día do cooperativismo!
Se queres celebrar con nós o día do cooperativismo que terá lugar o
sábado 1 de xullo ás 12.00h na sede da cooperativa Terras da Mariña, en Lourenzá, Lugo, só tes que inscribirte neste formulario.
É importante que indiques o número de persoas que asistiredes e a cooperativa ou entidade á que pertences.
Se estás interesado/a en facer uso do servizo de transporte que sairá dende Santiago de Compostela para Lourenzá indícanolo no campo de "Mensaxe" e poñerémonos en contacto contigo.
(Indica neste campo se estás interesado/a en facer uso do servizo de transporte habilitado para asistir á celebración)
Onde?
Cooperativa Terras da Mariña: r/Ponte de Cuñas, s/n, Lourenzá, Lugo
Coordenadas: 43.469166, -7.293727